Ir al contenido principal

Entradas

"Eugenia Sanmartín" Música y actriz.

Nacín e crieime nunha familia de Ferrol con tradición de cantar. O meu abó materno, Fernando Alonso, era cantarín, xuntabase cos seus amigos en "El Sur" un bar da rúa Magdalena, tomando chatos de ribeiro e cantando a coro . En casa todos cantabamos nas reunións e todavía se fai.  Ese espíritu de cantarines de sobremesa non me abandonou nunca e o agradezo infinito. Estudando en Madrid Arte Dramático un amigo regaloume unha cassette coa BSO de Orfeo Negro, a peli brasileira e aqueles 120 mins da cinta aprendinos de memoria. O certo é que a poesía das suas letras foi determinante e segue a selo á hora de elexir o meu repertorio. Curioso que ó pouco outro amigo regaloume outra cassette, esta dun homenaxe a Noel Rosa, que tamén namoroume, e así,  a música brasileira fraternizou coa minha alma e eu a atesouro. Debutei en 1999 como cantante en La Boca del Lobo en Madrid invitada polo trío Livre Percussão, (Fernandinho Marconi, Mario "repenique" e Sergio "c...

O QUE ME DA A GANA

III  síntome galega  SIM  atlántica ou penínsular  tamén  (dun xeito mais mental)  cidadana NO mundo  sobre tudo  superbacana  muller 40 século 21  perdida eu da miña  xeración perdida  before JASP dándolle voz á pérdida e á cidadanía brúxula universal  no meu peto  pra do mundo sempre voltar e manchar os meus pés  coa terra negra de Galicia  mentres canto  O QUE ME DÁ A GANA

Hemeroteca Fotográfica

Actriz, cantante, artes escenicas.