Ir al contenido principal

O QUE ME DA A GANA


III 
síntome galega 
SIM 
atlántica ou penínsular 
tamén 
(dun xeito mais mental) 
cidadana NO mundo 
sobre tudo 
superbacana 
muller 40
século 21 
perdida eu da miña 
xeración perdida 
before JASP
dándolle voz á pérdida e á cidadanía
brúxula universal 
no meu peto 
pra do mundo sempre voltar
e manchar os meus pés 
coa terra negra de Galicia 
mentres canto 
O QUE ME DÁ A GANA

Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentarme... presentarme a min mesma

Presentarme...  presentarme a min mesma, (mimá)  honestamente; coa esperanza de que moita xente vexa o meu blog e fique un rato nel curioseando as cousas que eu verto ao mundo... DIFICIL... mais o intento: son eu, eugenia, muller nos 40, cantante de corazón, aprendiza eterna de guitarrista, actriz que goza encarnando outros seres, poeta escondida e esquiva de min mesma, con certo pánico a amosarme, son eu mais é hora de atreverse, asomarse e evoluir, espero que vos guste, e que o que sae de min, ou a traves de min, faga un bon efecto nos vosos corazóns, e sen dúbida quero moito mais, pero isto é suficiente, e o demáis, que moitas veces nin eu sei, xa virá. -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- presentarme... presentarme a mi misma, honestamente; con la esperanza de que mucha gente vea mi blog e se quede un rato en él curioseando las cosas que vierto al mundo... DIFICIL... pero lo intento

"Eugenia Sanmartín" Música y actriz.

Nacín e crieime nunha familia de Ferrol con tradición de cantar. O meu abó materno, Fernando Alonso, era cantarín, xuntabase cos seus amigos en "El Sur" un bar da rúa Magdalena, tomando chatos de ribeiro e cantando a coro . En casa todos cantabamos nas reunións e todavía se fai.  Ese espíritu de cantarines de sobremesa non me abandonou nunca e o agradezo infinito. Estudando en Madrid Arte Dramático un amigo regaloume unha cassette coa BSO de Orfeo Negro, a peli brasileira e aqueles 120 mins da cinta aprendinos de memoria. O certo é que a poesía das suas letras foi determinante e segue a selo á hora de elexir o meu repertorio. Curioso que ó pouco outro amigo regaloume outra cassette, esta dun homenaxe a Noel Rosa, que tamén namoroume, e así,  a música brasileira fraternizou coa minha alma e eu a atesouro. Debutei en 1999 como cantante en La Boca del Lobo en Madrid invitada polo trío Livre Percussão, (Fernandinho Marconi, Mario "repenique" e Sergio "c