Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2016

"Eugenia Sanmartín" Música y actriz.

Nacín e crieime nunha familia de Ferrol con tradición de cantar. O meu abó materno, Fernando Alonso, era cantarín, xuntabase cos seus amigos en "El Sur" un bar da rúa Magdalena, tomando chatos de ribeiro e cantando a coro . En casa todos cantabamos nas reunións e todavía se fai.  Ese espíritu de cantarines de sobremesa non me abandonou nunca e o agradezo infinito. Estudando en Madrid Arte Dramático un amigo regaloume unha cassette coa BSO de Orfeo Negro, a peli brasileira e aqueles 120 mins da cinta aprendinos de memoria. O certo é que a poesía das suas letras foi determinante e segue a selo á hora de elexir o meu repertorio. Curioso que ó pouco outro amigo regaloume outra cassette, esta dun homenaxe a Noel Rosa, que tamén namoroume, e así,  a música brasileira fraternizou coa minha alma e eu a atesouro. Debutei en 1999 como cantante en La Boca del Lobo en Madrid invitada polo trío Livre Percussão, (Fernandinho Marconi, Mario "repenique" e Sergio "c